Florida Occidental

Modelo:Xeografía políticaFlorida Occidental

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°39′N 88°30′O / 30.65, -88.5
Capitanía XeralCapitanía Xeneral de Cuba Editar o valor en Wikidata
CapitalPensacola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Precedido por
Creación 25 de novembro de 1783Tratados de Versalhes (1783) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Disolución22 de febreiro de 1821 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porRepública da Flórida Ocidental (pt) Traducir, Territorio de Mississippi e Território da Flórida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Florida Occidental (inglés: West Florida, castelán: Florida Occidental) foi unha rexión na beira norte do golfo de México, que foi sometida a varios cambios nas súas fronteiras e soberanía ao longo da súa historia. A provincia foi fundada polos británicos en 1763 coas terras cedidas por españois e franceses. Como o seu nome suxire, formouse a partir da parte occidental da antiga Florida española (a Florida Oriental constituíuse na parte leste), xunto con terras tomadas da Louisiana francesa. A capital de Florida Occidental foi Pensacola. A colonia incluíu a maior parte do que hoxe é a Florida Panhandle, ademais de partes dos actuais estados de Louisiana, Mississippi e Alabama.

Gran Bretaña fundou as Florida Occidental e Florida Oriental a partir de terras arrebatadas ao Reino de Francia e España despois da Guerra franco-india. Como o novo territorio adquirido era demasiado grande para ser gobernado desde un só centro administrativo, os británicos dividírono en dúas novas colonias separadas polo río Apalachicola. O goberno da Florida Occidental británica estableceuse en Pensacola, incluíndo a colonia a parte da antiga Florida española que estaba ao oeste do Apalachicola, engadíndolle partes da antiga Luisiana francesa. Polo tanto, comprendía todo o territorio situado entre os ríos Mississippi e Apalachicola, cunha fronteira setentrional que mudou varias veces ao longo dos seguintes anos.

Tanto a Florida Occidental como a Oriental permaneceron leais á Coroa Británica durante a Revolución Americana, e serviron como refuxio para os tories que fuxían das Trece Colonias. España invadiu a Florida Occidental e tomou Pensacola en 1781 e, despois da guerra, Gran Bretaña cedeu ambas Floridas aos españois. Porén, a falta dunha definición precisa dos límites da fronteira deu orixe a unha serie de disputas fronteirizas entre a Florida Occidental española e os recentemente independizados Estados Unidos coñecida como a Controversia de Florida Occidental. Desacordos co goberno español levaron aos colonos americanos e británicos situados entre o Mississippi e o Perdido a declarar en 1810 a esa área independente, baixo o nome de República de Florida Occidental. Ao pouco, esta república foi anexionada polos Estados Unidos, que reclamou a rexión como parte da Compra de Luisiana de 1803. En 1819, os Estados Unidos negociaron a compra do que restaba da Florida Occidental e de toda a Florida Oriental no Tratado de Adams–Onís, e en 1822 ambas fusionáronse no Territorio de Florida.


Developed by StudentB